Arquivos da etiqueta: veranearte

veránEarte 2017 #VeA17

veranearte17Chega o verán a Ourense e comeza o veránEarte a programación colaborativa e autoxestionada que enche os meses de xullo e agosto de música, cinema, radio, teatro, obradoiros, baile e accións reivindicativas. 37 actividades promovidas por 18 colectivos da cidade a pé de praza, a pé de rúa e de balde. Porque a rúa ten que ser para a xente, os barrios para as veciñas e por iso ninguén debe pagar taxas por usar un espazo que é seu. Segue cada día toda a info do #VeA17 no facebook e no twitter de EsCuA.

XULLO

RADIO NA RÚA
martes 4 19h  Praza Maior
IGMIG – CONCERTO
mércores 5 21.30h Praza San Marcial
RECOÑECES AS BURGAS? – OBRADOIRO
martes 11 20.15h As Burgas
EXPO: TERRA 2050
mércores 12 20.30h Espazo en común
MONOULIOUS – CONCERTO
mércores 12 21.30h Praza San Marcial
II VENTEBAÑAR – FOLIADA
xoves 13 17.00h Oira
A MAZÁ DE ROSALÍA – ESPECTÁCULO
xoves 13 22.00h El Pueblo
NA CALOR DA NOITE – CINEMA
luns 17 22h Escola de Mende
OLÍMPALAS – OLIMPADAS FEMINISTAS
martes 18 20.30h rúa Bailén
DA HORTA A RÚA – AGROECOLOXÍA ANTICAPITALISTA E REBELDE
mércores 19 19h Praza San Cosme
NUADA – CONCERTO
mércores 19 21.30h Praza San Marcial
CULTPOP – ARTE AO VIVO
xoves 20 21.30h Praza Maior
FESTA DA PATRIA – RONDALLA, CEA E FOLIADA
venres 21 21h A Galleira
REPAIR CAFÉ DE BICIS – OBRADOIRO
mércores 26 19h Praza do Sal
ESTEBAN Y MANUEL – CONCERTO
mércores 26 21.30h Praza San Marcial
MASA CRÍTICA – BICICLETADA
xoves 27 20.30h Castañeira
TRIVIAL FEMINISTA – XOGOS
xoves 27 20.30h El Pueblo
VAS ASUBIAR – OBRADOIRO
luns 31 21h Praza Pena Vixía

AGOSTO

CIENCIA NA RÚA – OBRADOIRO
martes 1 20h Praza da Imprenta
DERROCHE – CONCERTO
mércores 2 21.30h Praza San Marcial
CANTOS DE TABERNA
xoves 3 20.30h Praza do Sal
A NOIVA CADÁVER – CINEMA
luns 7 22h Xardín do Museo Arqueolóxico
THE TETA’S VAN – CONCERTO
mércores 9 21.30h Praza San Marcial
40 POPULARES CANTIGAS QUE ESPANTAN –
xoves 10 21.00h Grándola
O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS – CINEMA
luns 14 22h Xardín do Museo Arqueolóxico
ES UN ARBOL – CONCERTO
mércores 16 21.30h Praza San Marcial
MINUTOS QUE SALVAN VIDAS – OBRADOIRO
xoves 17 20h El Pueblo
PORCO ROSSO – CINEMA
luns 21 22h Praza San Marcial
CAPITÁN BAZOFIA – CONCERTO
mércores 23 21.30h Praza San Marcial
NEGRA! – TEATRO
xoves 24 21h Praza da Estrela
O MEU VECIÑO TOTORO – CINEMA
luns 28 22h Praza San Marcial
HORTO URBÁN – OBRADOIRO
martes 29 19h Rúa dos Ponxos
AMBIENTES E SENTIDOS. TEMPOS – OBRADOIRO PARA PEQUES
mércores 30 18h Praza San Marcial
SEVEN SEAS OF RHYE – CONCERTO
mércores 30 21.30h Praza San Marcial
AMBIENTES E SENTIDOS. ATMOSFERAS – OBRADOIRO PARA PEQUES
xoves 31 18h Praza San Marcial
MASA CRÍTICA – BICILETADA
xoves 31 20.30h Castañeira
FIB 2017 + ARTELLETA + PETISCADA ECOLÓXICA xoves 31 20.30h Praza San Marcial

veránEarte 2015

veran15XULLO

MÉRCORES 1
PETIT CINEMA_O Gato do Rabino_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
PRESENTACIÓN PROGRAMACIÓN_12:00h_Praza da Imprenta
XOVES 2
EXPO_Non queimes o futuro_20:00h_ Local de Escua Org.: Plataforma Ríos Limpos
MARTES 7
CONCERTO_ En Mala Hora_(Versións Pop-Rock) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 8
PETIT CINEMA_O Cadro_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
AULAS_Iniciación ao Baile Tradicional _20:30h_Xardín do Posío Org.: AOFT e Algaravía
CONCERTO_De Pé Feito_21:30h_Xardín do Posío Org.: AOFT e Algaravía
XOVES 9
PANDEREITADAS DE TABERNA_Damnificadas 20:00h_Praza do Sal Org.: Damnificadas
MARTES 14
CONCERTO_ Los Infierno_(Garaxe-punk,México D.F.) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 15
PETIT CINEMA_Kirikou e a Bruxa_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
ENCONTRO ASOCIATIVO_Ourense-Euskadi 20:00h_Praza do Pelouriño Org.: Ceivar
XOVES 16
OBRADOIRO_Entendes a túa Factura Eléctrica? 20:00h_Local de EsCuA Org.: Amigos da Terra
SÁBADO 18
FESTA DA PATRIA_11:00h-0:00h_Praza San Cosme Org.: AC A Galleira
MARTES 21
CONCERTO_Dreadlockers_(Reggae)_22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 22
DOCUMENTAL_Cartas Galiza-Berlín_22:00h_Praza San Marcial Org.: AC Óscar Allos e VideoDinamizarte
XOVES 23
ROTEIRO_Santa Comba de Naves_19:00h_ A.VV. de Palmés Org.: Plataforma Ríos Limpos
LUNS 27
BRINCADEIRAS_Crianzas á rúa_19:00h_Praza da Valenzá Org.: Vincularte
MARTES 28
CONCERTO_Anaís_(Rock ‘n’ Roll Vintage) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 29
PERFORMANCE: Olímpalas_20:00h_Rúa Bailén Org.: Marcha Mundial das Mulleres
XOVES 30
BICICLETADA: Masa Crítica_20:30h_Parque de San Lázaro Org.: Masa Crítica Ourense

AGOSTO

MARTES 4
CONCERTO_Mad Martin Trío_(Rockabilly Swing) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 5
CINEMA_Os Amantes Criminais_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 6
PERFORMANCE_Cantigas Que Espantan_22:00h_Praza do Sal Org.: Marcha Mundial das Mulleres
MARTES 11
CONCERTO_Millo_(Punk-Rock-Reggae-En galego) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 12
CINEMA _Lilya Forever_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 13
PALESTRA_A Historia da Muller na Música_20:00h_Local de EsCuA Org.: Asemblea Feminista de Ourense
MARTES 18
CONCERTO_Raindogs_(Clásicos Americanos) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 19
CINEMA _A Bela e a Besta_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 20
ROTEIRO PATRIMONIAL_Vaites co Progreso!_20:30h_Ponte Vella Org.: AC A Bela Auria
DOCUMENTAL_Yes We Fuck_22:30h_Praza San MarcialOrg.: Asemblea Feminista de Ourense
VENRES 21
KARAOKE DE TABERNA_Trío Motobomba_20:00h_Praza do Sal Org.: Trío Motobomba
LUNS 24
BRINCADEIRAS_Crianzas á rúa_19:00h_Praza Maior Org.: Vincularte
MARTES 25
CONCERTO_Ninwen_(Reggae) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 26
CINEMA_Luces da Cidade_22:30h_Praza San Marcial Org.: CineClube Padre Feijoo
XOVES 27
BICICLETADA_Masa Crítica _20:30h_Parque de San Lázaro Org.: Masa Crítica Ourense
FIB + ARTELLETA + Petiscos Ecolóxicos 20:30h_Praza San Marcial Org.: AC Óscar Allos, Anacos da Cidade e Semente

Descarga aquí o cartaz. Cartaz veránEarte 2015 Arquivo:JPG Tamaño: 1,5 Mb

Señora, chega o FIB 2013

Mentras aínda estamos gozando do veránÊarte, a programación cultural de ESCUA para este verán na cidade, comezan xa os preparativos de moitos colectivos para a grande fin de festa: o FIB 2013. E que é o FIB? preguntaredes. Acaso se trata dunha edición alternativa do grande festival “POC-ROCK ou ROCK-POC” de Benicassim? Chegarán a Ourense 30.000 fibers dende Inglaterra, arrasarán coas reservas de cervexa da cidade e farán balconing na Praza Maior? Nada máis lonxe diso: o FIB  é a nosa especial celebración da cultura de base na cidade, o noso espazo de encontro, a festa pensada pola xente e para a xente. Os colectivos que formamos parte de ESCUA e todas aquelas que se queiran apuntar xuntarémonos na Praza de San Marcial a xornada do 29 de agosto. Comezamos con degustación de petiscos ás nove, organizada por Semente e Amigos da Terra, e a Exposición Artelleta, organizada por Anacos da Cidade e remataremos co FIB o festival musical onde colle o humor e a crítica social. Tes unha letra impactante? A túa versión da mandanga fala de Bárcenas? Quizais Marcial Dorado te inspira un bolero? O FIB é o teu sitio. Se queres participar xa estás tardando en enviar o teu nome, contacto, nome artístico e título da canción a escuacolectivos@gmail.com. Tamén podes anotarte na tetería Grándola, na mesma Praza de San Marcial, antes do 27 de agosto.

Sí, eles tamén queren participar máis as bases do festival non llo permiten.