Arquivos da etiqueta: cultura

VERÁNeARTE 2014

cartaz2014 veranearte cadrado 5

Chega o verán a Ourense. A cidade fica erma de programación cultural? Nin tanto. Aquí está a xente de ESCUA cun bo plan para estas datas. Apostamos, como en anos anteriores, por unha programación cultural colaborativa. Diferentes colectivos da cidade e as persoas que os compoñen coordínanse para levar a distintos recunchos da cidade eventos que xiran ao redor do ecoloxismo, a música, o cinema, o feminismo ou as artes plásticas. Creatividade e participación para non ficar á marxe. O VERÁNeARTE terá o seu día grande, un verán máis, na xornada do xoves 28 de agosto co FIB, o disparatado Festival Internacional do Barbaña, onde lle cantaramos as corenta, e tamén as cincuenta sé é preciso, a máis de un e máis de unha. Xa sabedes, a veranear todas en Ourense coa ESCUA e os seus colectivos! Anacos da Cidade + Óscar Allos + Trécola + O Espertello + Semente + Plataforma Ríos Limpos + CineClube Padre Feijoo + Marcha Mundial das Mulleres + A Bela Auria + Fundación Uxío Novoneyra + Amigos da Terra = ESCUA

Facemos cidade coa cultura colaborativa. Que viva Ourense!

XULLO
MARTES 1 TECNOLOXÍA EN 3D 20:00 PRAZA DA ESTRELA – ANA GÓMEZ & OSCAR ALLOS
MÉRCORES 2 TECNOLOXÍA EN 3D 20:00 PRAZA DA ESTRELA – ANA GÓMEZ & OSCAR ALLOS
MARTES 8 CONCERTO THE BOAS 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 9 RECUPERACIÓN DO BARBAÑA 18:00 DENDE A MOLINERA – PLATAFORMA RÍOS LIMPOS
LUNS 14 CONSUMARTE: CONSUMO ECOLÓXICO 20:30 PRAZA DA ESTRELA- SEMENTE
MARTES 15 EXPOSICIÓN CALIGRAMAS UXÍO NOVONEYRA 20:00 PRAZA DA ESTRELA – A BELA AURIA
MARTES 15 CONCERTO ALPARGATA 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 16 ART ACTION 20:30 PRAZA DE SAN MARCIAL – ESCUA
MARTES 22 CONCERTO EN MALA HORA 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 23 TEATRO UN AGASALLO PARA PAPÁ 21:00 PRAZA DA ESTRELA – TRÉCOLA TEATRO
LUNS 28 ROTEIRO MIÑO/BARBAÑA 18:00 – AMIGOS DA TERRA
MARTES 29 CONCERTO THE PHANTOM DRAGSTERS 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 30 CANTIGAS QUE ESPANTAN 22:00 PRAZA SANMARCIAL – MARCHA MUNDIAL MULLERES

AGOSTO
LUNS 4 CINEMA CINEMA ASPIRINAS E URUBUS 22:30 PRAZA SAN MARCIAL – CINE CLUBE PADRE FEIJOO
MARTES 5 CONCERTO ALBERTO MBUNDI 22:00 PRAZA SAN MARCIAL O ESPERTELLO
MÉRCORES 6 ROTEIRO XERACIÓN NOS 20:30 PRAZA DO FERRO – CARLOS RAFAEL & ESCUA
LUNS 11 CINEMA CIDADE BAIXA 22:30 PRAZA SAN MARCIAL- CINE CLUBE PADRE FEIJOO
MARTES 12 CONCERTO LOS AMIGOS DE LOS MÚSICOS 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 13 OLÍMPALAS 20:30 RÚA BAILÉN – MARCHA MUNDIAL MULLERES
LUNS 18 CINEMA ZUZU ANGEL 22:30 PRAZA SAN MARCIAL – CINE CLUBE PADRE FEIJOO
MARTES 19 CONCERTO EBA REIRO Y ESPOSA 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
LUNS 25 CANTOS CABERNARIOS 20:00 BAR COMPOSTELA – TRÍO MOTOBOMBA & AS DAMNIFICADAS
MARTES 26 CONCERTO 22:00 PRAZA SAN MARCIAL – O ESPERTELLO
MÉRCORES 27 1º PREMIO O GRAXO DAS BURGAS 20:00 PRAZA DA ESTRELA – A BELA AURIA
XOVES 28 FIB & ARTELLETA 20:30 PRAZA SAN MARCIAL – OSCAR ALLOS & ANACOS DA CIDADE

 

AQUÍ NON HAI CULTURA

ANHCPor suposto que aquí, en Ourense, hai CULTURA.
Así, con maiúsculas. E da boa. O noso lema só busca captar a túa atención sobre un problema crónico que leva a sufrir a nosa cidade: Cidadáns, colectivos e axentes culturais traballan na cidade impulsando e promovendo a nosa cutura sen recibir o apoio que merecen.

Falamos da xestión da política cultural.
A que emana da institución municipal fundamentalmente. Aínda que ben estaría dar un bo repaso ás outras administracións, tanto provincial como autonómica no que se refire ás súas liñas estratéxicas no eido cultural. A Concellería de Cultura debe de ter un maior contacto coas asociacións culturais da cidade e interese en divulgar e apoiar a nosa cultura. E NON o está a facer.

E por que agora toca mobilizarnos?
Porque o estado actual das cousas toca coa punta dos dedos o subrealismo e a neglixencia máis absoluta. Porque non hai unha noción clara do que facer en política cultural. Poderiamos dicir simplemente que non existe ningún plano estratéxico para a cultura en Ourense e con iso resumilo todo. Ben certo é que en ningunha outra cidade de Galicia existe tal cousa. Pero iso non nos debería impedir esixilo para Auria, unha cidade vizosa onde as haxa en creatividade e potencial.

Pero non é só iso.
Pérdense fondos europeos e estatais por falta de planificación. Despilfárranse cartos en eventos sen retorno social, económico ou cultural para a cidade. Faltan criterios claros sobre como e onde gastar o diñeiro. Escasea transparencia, claridade, comunicación, competencia, rigor, eficiencia e apoio aos axentes de base.

A cultura é a alma da nosa cidade.
E máis: é un motor de creación de emprego e riqueza. É unha das marcas de cidade máis recoñecible fóra dela. Un potente imán de atracción turística. Un factor que axuda á fixación da poboación na cidade. A CULTURA é un transmisor de coñecementos e valores dentro da sociedade.

É por iso que pedimos.
Un cambio de rumbo total na política cultural na cidade. Sinalamos directamente á responsabilidade do grupo de goberno municipal.
_ Maior e mellor nivel de comunicación con todos os axentes culturais.
_ Máximo grao de transparencia na xestión dos fondos municipais destinados á CULTURA.
_ Elaboración e publicación dun plan estratéxico da xestión da CULTURA en Ourense.
_ Facilidade no acceso ás infraestruturas culturais e municipais para toda a cidadanía ourensá e visitantes.

VIVA A CULTURA! VIVA OURENSE!
ESCUA agrupa a un bo número de colectivos da cidade que traballan na cultura, no ecoloxismo, no feminismo, na música tradicional e en outros ámbitos. Programamos e coordinamos actividades. Tamén procuramos durante catro anos, sen éxito, a apertura dun espazo municipal autoxestionado que sirva como hotel de asociacións.

 

Cita Dobre: Museo do Barrio + Venrespirar

Este venres 14 é día grande para as xentes de ESCUA. Os colectivos que integran este proxecto póñense de gala para unha dobre cita: ás 20:30h inauguramos na Praza da Estrela un novo espazo para a cultura da Cidade, o Museo de Barrio, que permanecerá aberto ata o 11 de maio coa súa primeira exposición: Oh! Barrio. E ás 22:30 baixamos ata o Liceo para darlle ao baile no primeiro Venrespirar deste 2014 da man da AOFT Gomes Mouro e de Algaravía.

Hai corenta anos nacía en Nova York o antepasado do Museo do Barrio. Foi no marco da loita polos dereitos cívicos das comunidades minoritarias dos EE.UU que se concebiu como unha ferramenta máis para a normalización cultural e a educación non formal da comunidade. Diso trata este museo: de dereitos. Do dereito a ter un ocio cultural diversificado nunha cidade cunha clara carencia de infraestruturas. E tamén afonda na liña de traballo sobre o patrimonio cultural físico e emotivo que permita destapar as riquezas da cidade e na da educación creando un espazo para formar e interesar ás futuras xeracións na participación cultural.

A AOFT Gomes Mouro e Algaravía levan xa 10 anos organizando os Venrespirar. Festas itinerantes con música e baile tradicionais ao vivo na cidade de Ourense. Iste ano celebraranse os 2º venres de cada mes dende febreiro ate xuño. Son festas moi dinámicas e participativas que ao longo dos anos foron medrando en número de participantes. Os obxectivos cos que se organizan pasan por disfrutar coa nosa música e baile, dalos a coñecer, favorecer actuacións de grupos de música tradicional e dinamización do baile, ofrecer a posibilidade de que grupos emerxentes teñan un espazo no que amosar o seu traballo, manter viva a nosa tradición e facelo de xeito lúdico e participativo. Pensando no futuro, nos meses de maio e xuño, tamén se organizan os Venrespiriños ofrecéndolle a posibilidade aos nosos nenos e nenas de cantar, bailar e xogar coa nosa tradición.