O Proxecto

Preténdese establecer unha infraestrutura que forneza de servizos, e préstamo de recursos, para as actividades dos distintos colectivos culturais e artísticos de Ourense.O asociacionismo cultural e artístico da cidade carece dun espazo de encontro e intercambio común de ususarios, experiencias e aproveitamento social.A falla de canles de comunicación e coordinación, dificulta a eficiencia social e económica dos propios colectivos, padecendo en comparación a outras formas de asociacionismo, certo déficit de atención e protección.

Os requisitos mínimos estudados son:
Sala multiusos: Espazo aillado acústicamente, de cores escuras para facilitar as proxeccións de cine, con 130-150 butacas portátiles ou telescópicas, que faciliten a súa retirada, para performances e actuacións musicais que o precisen.
Ademáis, contará coa oportuna caixa escénica, pantalla retráctil de cine, luces e camaríns.
Sala biblioteca: Espazo de cores claras, con estantes mesas, cadeiras e enchufes para conexións de portátiles.
Salas multiusos de obradoiros: Espazo diáfano con mobiliario de rodas (mesa, aparador…) que permitan o seu traslado.
Sala taquillas e xestión: Espazo con corredor que permita a instalación de taquillas, outro con vestidor e oficina de xestión.
Sala exposicións: Espazo diáfano con instalación eléctrica propias do uso.
Salas de radio, internet e tv. comunitaria: Espazos aillados para a radio e gravación de video/televisión comunitaria, que permitan a elaboración de contidos educativos e artísticos. Ademáis un espazo de internet, para a elaboración e consulta de contidos.

En conclusión: A infraestrutura, dotará de instalacións de uso cultural, que servirán como punto de encontro de ONG’s, asociacións e creadores.

Deixa unha resposta