Introducción

A Cultura, significaba inicialmente, na antiga Roma, o “cultivo da terra”, e logo, por extensión metafóricamente, “cultivo das especies humanas”.

En abril de 2009, varios colectivos culturais e asociacións sen ánimo de lucro, sementaron un obxectivo común; artellar unha programación cultural e coordinada, de lecer para o verán.

Un ano despois, froito da colaboración inciada, constatouse a necesidade dun espazo común de coordinación, e aproveitamento da sinerxías que se producirón, botando a andar este proxecto.

A conclusión do grupo de traballo, estableceu en xaneiro de 2011, que “A vella Auria, recuncho en tempos, de producción artística e cultural, precisa dun espazo común, dunha especie de hotel asociativo, onde se forneza á ágora colectiva, e a recuperación do esplendor histórico da cidade”.

Deixa unha resposta