FIB

webPor fin chega o momento que levas agardando todo o ano. Unha nova edición do FIB. O festival máis desternillante a esta beira do Miño. Non importa se sabes cantar ou non. Só importa que deixes o sentido do ridículo gardado na casa e soltes a melena con nós. O xoves 27 de agosto vas cantar e escoitar os hitazos do ano e sabes que nas seguintes semanas non haberá quen chos quite da cabeza. Así que non perdas un segundo e manda un mail a escuacolectivos@gmail.com cos teus datos de contacto, o nome do grupo e o título da canción. Irreverencia e caracterizacións disparatadas son benvidas. Do demais xa nos ocupamos as de EsCuA. Lembra: calquera pode cantar. Ou oh oh oh, ou oh oh oh.

Deixa unha resposta