Arquivo da categoría: Sin categoría

Valoración veránEarte 2018

_1OP6760

Remata unha edición máis do veránEarte ourensán e os colectivos que comparten o espazo EsCuA queren facer, a través deste comunicado, unha valoración.
Como cada ano, nos meses de xullo e agosto, os colectivos sociais e culturais da cidade agrupados en torno a EsCuA, o Espazo Cultural Alternativo, encheron de programación cultural e activista o verán ourensán. As prazas e rúas da zona histórica e outros espazos singulares de Ourense reviviron co cinema, as performances, os concertos, a ciencia, os roteiros, a arte, a radio, os contos, os xogos, o baile e as demais actividades que forman o veránEarte. 
Un dos obxectivos que persegue a programación do veránEarte é compensar a escasa preocupación que os responsables do goberno local de Ourense teñen pola súa cidade durante estes dous meses e que se amosa na practicamente nula programación cultural. A cidade no verán está viva. Chea de ourensás e ourensáns e de xentes que a visitan. 
Ao tempo, a maior parte das actividades enmárcanse no espazo físico máis degradado e esquecido da nosa zona histórica para reivindicalo e enchelo de vida. Outro dos obxetivos é construír unha cultura popular de base non mercantilizada, posíbel grazas a moitas vontades e esforzos e accesíbel a todas as veciñas.
    
35 actividades e 21 colectivos estiveron implicados nesta edición: A Galleira, Prazas con Ciencia, Radio Liverdade, a Masa Crítica, o Cineclube Padre Feijoo, O Espertello, Óscar Allos, o Colectivo Re-Creo, Amigas das Árbores de Ourense, a Marcha Mundial das Mulleres, Sustinea, Semente, Algaravía, Amigas da Terra, Guerrila Poética, Asociación Cultural Lusquiños, Fóra do Linde, Asociación Espazo Raízes, Café Cultural El Pueblo, A Bela Auria e As Damnificadas son os colectivos que sustentan a programación.
A programación do veránEarte é e seguirá sendo aberta e participativa. Autoorganizada e autoxestionada. De balde, en galego e apoiándose nos principios do feminismo e do ecoloxismo. Os colectivos que toman parte nela queren reivindicar o uso activista, social e cultural do espazo público sen por elo ter que pagar taxas de ocupación. E animan a todas as os colectivos culturais, sociais, veciñais e en xeral a todas as asociacións sen ánimo de lucro a levar adiante esta mesma práctica para así rematar de vez coa condición de pagamento de taxas que sobre elas cae polo uso do espazo público.
Os colectivos e persoas que toman parte do Espazo Cultural Alternativo amósanse orgullosas da programación do #veránEarte e queren comunicar a súa vontade de continuar con ela o verán que ven. Esta decisións apóiase no éxito acadado tanto nesta como nas anteriores edicións onde centos de persoas participaron das actividades programadas.
Con respecto á polémica xurdida en torno á celebración da actual edición do Festival Intercultural do Barbaña o colectivo organizador Óscar Allos e máis os demais colectivos e asociacións que toman parte de EsCuA queren comunicar:
    
    – O Festival Intercultural do Barbaña leva celebrándose moitas edicións sen absolutamente nengún problema nin incidente
    
    – O festival é posible grazas á colaboración desinteresada de moitas persoas da cidade, dende a produción, ata as participantes, pasando pola foto, vídeo, decorados, comunicación…
        
    – Os colectivos que formamos parte de EsCuA reivindicamos o dereito lexítimo da liberdade de expresión. Consideramos que a mellor forma de defendelo é exercéndoo. E máis nunha cidade entroideira e retranqueira como é Ourense. Nin nos calaron nin nos calarán xamais. Animamos ao alcalde de Ourense a mellorar o seu sentido do humor e a estar un pouco máis atento aos contidos que se programan no FIB que, en ningún caso se poden calificar como “insultos” e si como “retranca” ou “sorna”. Longa vida ao FIB.
    
    – O alcalde está criminalizando a colectivos e persoas que adican moitas horas, esforzos e medios particulares a ofertar a todas as veciñas de Ourense unha programación cultural continua e variada. Consideramos unha ofensa a todas estas veciñas e veciños implicados coa cidade as insinuacións feitas nas súas declaracións de actuar con mala fe, insultar ou ser mal educadas e poñer en risco a seguridade das nosas veciñas.
    
    – O FIB leva celebrándose suficientes edicións como para que, de darse o caso de existir un problema de seguridade, o Concello puido advertilo con anterioridade. O comunicado do Concello fíxose público media hora antes do comezo en en termos de “desaprobación”, o que non deixa de ser chamativo tratándose dunha institución.
    
    – A policía non comentou ás presentes que houbera fallos na seguridade. É máis, durante toda a tramitación do expediente en ningún momento o Concello de Ourense requeriu a ESCUA a presentación dun Plan de Seguridade ou de calquera outro documento que non fosen taxas e Seguro de Responsabilidade Civil (seguro que ESCUA ten subscrito) O argumento da “falta de seguridade” pode aplicarse a ducias de actos convocados ao longo do ano en prazas e recintos de Ourense que tampouco contan con indicacións de saída nin control de acceso 
    
      - O concello (ou alcalde) minte cando di que nos transmitiron os requerimentos legais e de seguridade necesarios para realizar a actividade.  A lei á que fai referencia o Alcalde como xustificación para o seu intento de impedir o FIB este ano é unha Ordenanza fiscal do Concello de Ourense que non se aplica ao caso, nen serve para sustentar o acordo en Xunta de Goberno que emprega oactual goberno local para cobrar taxas e pretender poñer multas ás actividades culturais da cidade.
        
    – ESCUA non incumpliu ningunha normativa existente e tan só negouse a pagar as taxas municipais. 
    
    – ESCUA fai a súa programación co máximo respecto á cidadanía e ao Concello de Ourense tendo en conta non contraprogramar motivo polo que os xoves non se fan actividades no horario dos concertos da Praza San Martiño.

veránEarte 2016

veránEarte2016
XULLO

XOVES 7
Obradoiro Express de Baile_20:30_Alameda
Concerto_De pe feito_21:00_Alameda
MARTES 12
Concerto_O Sonoro Maxín_(cumbia)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 13
Ventebañar_Foliada e merenda ao carón do río_17:00h_Aula da Natureza de Oira
XOVES 14
Cantos de Taberna_Damnificadas_20:30h_Grándola_Lusco e Fusco_O Tarao_El Pueblo
MARTES 19
Roteiro_Xentrificación non é un programa da lavadora_20:30h_Praza San Cosme
Concerto_80 Voltios_(rock urbán 80′)_22:00h_Praza San Marcial
VENRES 22
Festa da Patria_cea e foliada_21.00h_Praza San Cosme_A Galleira
MARTES 26
Concerto_O Leo i Arremecághona!_(punk)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 27
Performance_Olímpalas_20:30h_Rúa Bailén
XOVES 28
Bicicletada_Masa Crítica_20:30h_Subdelegación do goberno

AGOSTO

LUNS 1
Cinema_22:00h_Praza San Marcial
MARTES 2
Concerto_El Gueto con Botas_(fusión)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 3
Doc_O Xogo da Morte_20:30h_A Galleira
XOVES 4
XORNADA POLA LIBERTÁ!
Apresentaçom do livro_O teito é de pedra_20:30h_A Galleira
Performance_Tortura branca_Cía. Lumpens Organizadxs_21:30h_El Pueblo Café Cultural
Proxección curtadocumental_Anti-mulleres. Existir MAL_Beatriz Saiáns_22:30h_Praza Pena Vixia
LUNS 8
Cinema_22:00h_Praza San Marcial
MARTES 9
Concerto_IGMIG_(performance musical)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 10
Cantigas que espantan_40 copulares_22:30h_Praza Pena Vixía
XOVES 11
PalestraDiaporama_A bicicleta: Outro xeito de viaxar_Roberto Mateos_20:30h_A Galleira
LUNS 15 -> MARTES 30
Expo_Belauriarte. Arte e creatividade na Bela Auria_11:00h a 13:00h_Museo do Barrio
MARTES 16
Concerto_Three Dogs_(rock)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 17
Día da Galiza Mártir_Presentación libro-trailer Xoan Xesús González_21:00h_A Galleira
XOVES 18
Roteiro_ A Horta da Terra_20:00h_ Rúa dos Ponxos. O Polvorín
LUNS 22
Cinema _22:00h_Praza San Marcial
MARTES 23
Concerto_Ulträqäns_(punk folk progresivo)_22:00h_Praza San Marcial
MÉRCORES 24
Contacontos_Contos de miañares e bruídos_Cía. Xarope Tulú_20:00h_A Galleira
XOVES 25
Bicicletada_Masa Crítica_20:30h_Subdelegación do goberno
LUNS 29
Cinema_22:00h_Praza San Marcial
MARTES 30
Concerto_Bergallazo_(punk-rock-ska)_22:00h_Praza San Marcial
XOVES 1
FIB_Festival Intercultural do Barbaña
+ ARTELLETA + Petiscada Ecolóxica
20:30h_Praza San Marcial