Arquivo da categoría: Actos

veránEarte 2015

veran15XULLO

MÉRCORES 1
PETIT CINEMA_O Gato do Rabino_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
PRESENTACIÓN PROGRAMACIÓN_12:00h_Praza da Imprenta
XOVES 2
EXPO_Non queimes o futuro_20:00h_ Local de Escua Org.: Plataforma Ríos Limpos
MARTES 7
CONCERTO_ En Mala Hora_(Versións Pop-Rock) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 8
PETIT CINEMA_O Cadro_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
AULAS_Iniciación ao Baile Tradicional _20:30h_Xardín do Posío Org.: AOFT e Algaravía
CONCERTO_De Pé Feito_21:30h_Xardín do Posío Org.: AOFT e Algaravía
XOVES 9
PANDEREITADAS DE TABERNA_Damnificadas 20:00h_Praza do Sal Org.: Damnificadas
MARTES 14
CONCERTO_ Los Infierno_(Garaxe-punk,México D.F.) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 15
PETIT CINEMA_Kirikou e a Bruxa_11:30h_ Biblioteca Pública Org: CineClube Padre Feijoo
ENCONTRO ASOCIATIVO_Ourense-Euskadi 20:00h_Praza do Pelouriño Org.: Ceivar
XOVES 16
OBRADOIRO_Entendes a túa Factura Eléctrica? 20:00h_Local de EsCuA Org.: Amigos da Terra
SÁBADO 18
FESTA DA PATRIA_11:00h-0:00h_Praza San Cosme Org.: AC A Galleira
MARTES 21
CONCERTO_Dreadlockers_(Reggae)_22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 22
DOCUMENTAL_Cartas Galiza-Berlín_22:00h_Praza San Marcial Org.: AC Óscar Allos e VideoDinamizarte
XOVES 23
ROTEIRO_Santa Comba de Naves_19:00h_ A.VV. de Palmés Org.: Plataforma Ríos Limpos
LUNS 27
BRINCADEIRAS_Crianzas á rúa_19:00h_Praza da Valenzá Org.: Vincularte
MARTES 28
CONCERTO_Anaís_(Rock ‘n’ Roll Vintage) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 29
PERFORMANCE: Olímpalas_20:00h_Rúa Bailén Org.: Marcha Mundial das Mulleres
XOVES 30
BICICLETADA: Masa Crítica_20:30h_Parque de San Lázaro Org.: Masa Crítica Ourense

AGOSTO

MARTES 4
CONCERTO_Mad Martin Trío_(Rockabilly Swing) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 5
CINEMA_Os Amantes Criminais_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 6
PERFORMANCE_Cantigas Que Espantan_22:00h_Praza do Sal Org.: Marcha Mundial das Mulleres
MARTES 11
CONCERTO_Millo_(Punk-Rock-Reggae-En galego) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 12
CINEMA _Lilya Forever_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 13
PALESTRA_A Historia da Muller na Música_20:00h_Local de EsCuA Org.: Asemblea Feminista de Ourense
MARTES 18
CONCERTO_Raindogs_(Clásicos Americanos) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 19
CINEMA _A Bela e a Besta_22:30h_Praza San Marcial Org: CineClube Padre Feijoo
XOVES 20
ROTEIRO PATRIMONIAL_Vaites co Progreso!_20:30h_Ponte Vella Org.: AC A Bela Auria
DOCUMENTAL_Yes We Fuck_22:30h_Praza San MarcialOrg.: Asemblea Feminista de Ourense
VENRES 21
KARAOKE DE TABERNA_Trío Motobomba_20:00h_Praza do Sal Org.: Trío Motobomba
LUNS 24
BRINCADEIRAS_Crianzas á rúa_19:00h_Praza Maior Org.: Vincularte
MARTES 25
CONCERTO_Ninwen_(Reggae) 22:00h_Praza San Marcial Org.: AC O Espertello
MÉRCORES 26
CINEMA_Luces da Cidade_22:30h_Praza San Marcial Org.: CineClube Padre Feijoo
XOVES 27
BICICLETADA_Masa Crítica _20:30h_Parque de San Lázaro Org.: Masa Crítica Ourense
FIB + ARTELLETA + Petiscos Ecolóxicos 20:30h_Praza San Marcial Org.: AC Óscar Allos, Anacos da Cidade e Semente

Descarga aquí o cartaz. Cartaz veránEarte 2015 Arquivo:JPG Tamaño: 1,5 Mb

GritoRock en Ourense 27-28-29 marzo 2014

gritorock14

Ourense “GRITARÁ” esta fin de semana a prol da cultura libre e a producción de código aberto a través dunha programación promovida e organizada por diferentes colectivos e axentes sociais e culturais da cidade, asociándose ao Festival colaborativo máis grande do mundo: O GRITO ROCK.
ESCUA, Lestrato, VOU Axenda, Cosmogonía, Asociación Cultural Auriense, Bilurico, Xeitura, VinculArte, Cineclube Padre Feijoo, e Os PerQtores de Seixalbo únense como productores e son os responsables do primeiro GRITO ROCK OURENSE que acontecerá entre o xoves 27 e o sábado 29 de marzo, cunha programación variada, aberta e inclusiva para todos os públicos.
O GRITO ROCK é un festival mundial e multidisciplinar baseado na Cultura Libre e na producción colaborativa que forma parte dunha Rede Global de Música e Artes que medra cada vez máis defendendo que Outro Mundo É Posible.
Este festival colaborativo naceu en Brasil no 2006 como un circuito cultural entre varias cidades para a celebración de concertos de rock e co obxetivo de facer posible unha mellor circulación das bandas participantes entre esas cidades.
Tras o éxito daquela edición, 6 años despóis, o Festival converteuse en referencia internacional pola súa metodoloxía baseada na colaboración e na autoxestión como unha alternativa ós modelos de producción cultural tradicionais, chegando a celebrarse en 2013 en 300 cidades de 30 países do continente Americano, xunto con Europa, África e Asia.
Alén diso, xa non se circunscribe somente a concertos de rock, senon que aborda toda una serie de artes integradas a través de diferentes campañas que van agregando nos territorios locais, todas aquelas expresions culturais e demandas sociais ou medioambientais de cada cidade en calquera formato, acollendo obradoiros, charlas, e actividades que lle outorgan unha dimensión multidisciplinar e formativa que favorece a transmisión aberta da cultura, das expresións artísticas así como do propio modelo de festival e tecnoloxías de producción e xestión.
En 2014, o GRITO ROCK acontece en 400 ciudades de 40 países, e desta beira do Atlántico se vai “GRITAR” nunha Rede Global de Música e Artes. Unha rede que medra e medra como alternativa fronte a esa agresividade do libre mercado controlado polas grandes corporacións, e tén como obxetivo visibilizar e potenciar unha nova narrativa global que racha coas regras da industria cultural tradicional baseada no dereito de autoría e que nos fala que Outro Novo Mundo é Posible.
O GRITO ROCK reivindica a cultura libre e a producción colaborativa de código aberto en oposición ás prácticas tradicionais na industria cultural, e facendo fronte á agresividade do libre mercado no entorno da cultura.

PROGRAMA GRITO ROCK OURENSE
XOVES 27
#GRITOVERDE _ BICICLETADA
Marcha ciclista en defensa dos vehículos alternativos de transporte.
Participación aberta e gratuita, para ciclistas e patinadores.
Hora e lugar: 20.30h dende a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro)
Organiza: Masa Crítica Ourense

VENRES 28
#GRITOPEQUE #GRITOESCENA _ SEMENTE DE ÁRBORES IMAXINARIAS
Nenos e adultos plantarán polas rúas sementes de futuras árbores imaxinarias, visitando tamén ancestrais árbores con historia que se atopan na nosa cidade.
Actividade aberta e gratuíta para adultos e nenos e nenas acompañados. Recomendado a partir dos 6 anos.
Hora e lugar: 18h dende a Rúa do Paseo (Parque San Lázaro)
Organizan: Cosmogonía e VOU Axenda
#GRITOROCK _ SECOND CHANCE + DEMON ROAD + GONE&LOST
Concertos das bandas Second Chance (Ourense), Demon Road (Ourense) e Gone&Lost (A Coruña)
Hora e lugar: 20h no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor)
Prezo: 5€, ou troco por servizos de hospedaxe de músicos, venda de merchandising, pegada de cartelería ou colaboración co servizo de cea. Infórmate na páxina do Grito Rock en Facebook ou en info@lestrato.com
Venda anticipada no Café Cultural Auriense e Brewpub “La Fábrica de Keltius”
Organiza: Lestrato – Rock & Conciertos

SÁBADO 29
#GRITOVERDE _ BICIPASEO PATRIMONIAL DE PRIMAVERA
Paseo en bicicleta pola cidade con parada e explicacións en torno á flora de parques e xardíns de Ourense.
Actividade aberta e gratuíta para todas as idades.
Se alguén non dispón de bicicleta poderá alugar unha no local de Bilurico.
Hora e lugar: 10h dende Bilurico (Ribeiriño, 5 – soto)
Organizan: Bilurico, Xeitura e VOU Axenda
#GRITOPEQUE _ PEQUEJAM
Obradoiro de fabricación de instrumentos con materiais de refugallo e jam session.
Para nenos e nenas a partir de 6 anos.
Prégase traer materiais de refugallo (latas, botellas de plástico…)
Hora e lugar: 12h no Local de ESCUA (Praza da Estrela)
Organizan: PerQtores de Seixalbo e Asociación Cultural Auriense
#COMPACTO.CINE _ GRITO CURTA
Proxección das curtametraxes
A incrible historia de Macareno e a puta milagrosa
Suicidio lamprea
O deber e a culpa
Hora e lugar: 17.00h – Biblioteca Nodal (Rúa Concello)
Organiza: Cineclube Padre Feijoo
#GRITOPEQUE _ MERENDAMOS EN FAMILIA – ROLDA DE CONVERSAS SOBRE CRIANZA
Actividades para nenos e nenas de todas as idades: pintura de dedos, arxila. Levamos a nosa merenda.
Hora e lugar: 18.00h – Xardíns do Pai Feijoo. En caso de choiva será no Local de ESCUA
Organiza: Vincularte, grupo de crianza con apego.

Cita Dobre: Museo do Barrio + Venrespirar

Este venres 14 é día grande para as xentes de ESCUA. Os colectivos que integran este proxecto póñense de gala para unha dobre cita: ás 20:30h inauguramos na Praza da Estrela un novo espazo para a cultura da Cidade, o Museo de Barrio, que permanecerá aberto ata o 11 de maio coa súa primeira exposición: Oh! Barrio. E ás 22:30 baixamos ata o Liceo para darlle ao baile no primeiro Venrespirar deste 2014 da man da AOFT Gomes Mouro e de Algaravía.

Hai corenta anos nacía en Nova York o antepasado do Museo do Barrio. Foi no marco da loita polos dereitos cívicos das comunidades minoritarias dos EE.UU que se concebiu como unha ferramenta máis para a normalización cultural e a educación non formal da comunidade. Diso trata este museo: de dereitos. Do dereito a ter un ocio cultural diversificado nunha cidade cunha clara carencia de infraestruturas. E tamén afonda na liña de traballo sobre o patrimonio cultural físico e emotivo que permita destapar as riquezas da cidade e na da educación creando un espazo para formar e interesar ás futuras xeracións na participación cultural.

A AOFT Gomes Mouro e Algaravía levan xa 10 anos organizando os Venrespirar. Festas itinerantes con música e baile tradicionais ao vivo na cidade de Ourense. Iste ano celebraranse os 2º venres de cada mes dende febreiro ate xuño. Son festas moi dinámicas e participativas que ao longo dos anos foron medrando en número de participantes. Os obxectivos cos que se organizan pasan por disfrutar coa nosa música e baile, dalos a coñecer, favorecer actuacións de grupos de música tradicional e dinamización do baile, ofrecer a posibilidade de que grupos emerxentes teñan un espazo no que amosar o seu traballo, manter viva a nosa tradición e facelo de xeito lúdico e participativo. Pensando no futuro, nos meses de maio e xuño, tamén se organizan os Venrespiriños ofrecéndolle a posibilidade aos nosos nenos e nenas de cantar, bailar e xogar coa nosa tradición.

 

Facendo memoria: 2013

colectivosRemata o primeiro mes 2014 e toca facer balance do pasado ano. Os colectivos que formamos ESCUA puxemos en marcha numerosas actividades ao longo dese período que, nun exercicio de transparencia e difusión, queremos compartir con vós. A listaxe é abondosa e non queremos quedar só nos datos. Porque cremos que a cultura e o asociacionismo son algo máis que números. Vivimos nunha era chea de estatísticas por todas partes. Pero para nós iso non é o que importa. Ficamos satisfeitas co sentir de cada persoa que participou das nosas iniciativas. No eido do teatro, da pintura, do cinema ou da música tradicional. Loitando polos seus dereitos, no feminismo, no ecoloxismo e nos dereitos humáns. Promovendo unha veciñanza activa e unha cidadanía responsable. Malia todo, e para os que sí que gosten, velaquí algúns datos que ilustran a nosa actividade no 2013:

Artes escénicas e audiovisuais: Montaxes teatrais e unha ducia de representacións. 6 Venrespirar o evento de lecer compartido ao redor da música tradicional. 26 proxeccións de cinema e restauración da sala na biblioteca nodal. Concertos, mercado e animación de rúa na festa histórica a Bela Auria. Torneos de xadrez, roteiros culturais, concursos fotográficos e de relatos. Producción propia de documentais.

Actividade formativa: 100 persoas en cursos de música tradicional, 150 coñeceron o programa de voluntariado europeo e 200 máis participaron en obradoiros de enerxías limpas, compostaxe, alimentación sustentable ou agroecoloxía.

Actividades para cativas: Dende os Venrespiriños ata os cursos de música tradicional para pequenas. 20 representacións teatrais en centros educativos da cidade. Obradoiros mediambientais específicos para os máis novos. A Bela Auria Pequeniña, a irmá pequena da festa histórica de Ourense en colaboración coa MOTI.

Datas sinaladas: As xentes de ESCUA e cada un dos colectivos que a integran estamos presentes de xeito moi activo no días grandes da cidade: os maios, o magosto, o entroido, as letras galegas. E a pé de rúa reivindicando a dignidade da muller traballadora, loitando contra a violencia de xénero ou polo dereito ao aborto. Promovemos unha cidade máis verde realizando actividades o día da terra, o día dos humidais, o do medio ambiente, o da auga ou os días europeos sen coches e pola reducción de resíduos.

E máis: mostras, exposicións, congresos, arte urbana, historia, patrimonio, performance, recuperación de espazos, procomún, campañas, xuntanzas, VERÁNeARTE, concentracións, roteiros, certames, premios, mercadiños, FIB, danza, conferencias, xogos tradicionais, comparsas, coplas, pasarrúas, montaxes, reunións, debates, redes sociais, FECAL, animación á lectura, redacción de proxectos e memorias, festas. concursos, reciclaxe, construcción, xornadas… e máis que han de chegar ao longo do 2014.

Señora, chega o FIB 2013

Mentras aínda estamos gozando do veránÊarte, a programación cultural de ESCUA para este verán na cidade, comezan xa os preparativos de moitos colectivos para a grande fin de festa: o FIB 2013. E que é o FIB? preguntaredes. Acaso se trata dunha edición alternativa do grande festival “POC-ROCK ou ROCK-POC” de Benicassim? Chegarán a Ourense 30.000 fibers dende Inglaterra, arrasarán coas reservas de cervexa da cidade e farán balconing na Praza Maior? Nada máis lonxe diso: o FIB  é a nosa especial celebración da cultura de base na cidade, o noso espazo de encontro, a festa pensada pola xente e para a xente. Os colectivos que formamos parte de ESCUA e todas aquelas que se queiran apuntar xuntarémonos na Praza de San Marcial a xornada do 29 de agosto. Comezamos con degustación de petiscos ás nove, organizada por Semente e Amigos da Terra, e a Exposición Artelleta, organizada por Anacos da Cidade e remataremos co FIB o festival musical onde colle o humor e a crítica social. Tes unha letra impactante? A túa versión da mandanga fala de Bárcenas? Quizais Marcial Dorado te inspira un bolero? O FIB é o teu sitio. Se queres participar xa estás tardando en enviar o teu nome, contacto, nome artístico e título da canción a escuacolectivos@gmail.com. Tamén podes anotarte na tetería Grándola, na mesma Praza de San Marcial, antes do 27 de agosto.

Sí, eles tamén queren participar máis as bases do festival non llo permiten.